FOTOGRAFÍA DIXITAL
Para participar neste concurso só é preciso unha cámara de fotos dixital e seguir as seguintes bases:
- O tema é libre, e non poderán ser fotografías retocadas.
- As fotografías non realizadas na party serán descalificadas.
- As fotografías presentadas deben ser inéditas.
- O formato do arquivo pode ser calqueira, dependendo da máquina.
- Tódolos participantes na party poden participar neste concurso.
- O número máximo de fototrafías por concursante será de cinco.
- Xunto ca fotografía incluirase un ficheiro cos datos do autor.
- A data tope de recepción de fotografías será o 28 de marzo de 2010 ás 12 horas.
- O fallo do xurado, formado polo persoal en quen delegue a organización da party, será publicado o Domingo 28 de marzo ás 14 horas.
- Tódalas fotografías presentadas amosaranse ós asistentes a modo de galería na pantalla do pavillón para que poidan xuzgar a calidade dos traballos presentados, sen que isto presupoña un anticipo da decisión final do xurado.
- Os autores das imaxes para o concurso ceden gratuitamente os dereitos de reproducción á organización de Sobroso Party.
AS FOTOGRAFÍAS PARA O CONCURSO SUBIRANSE Ó FTP 10.100.4.1 CON USUARIO E CONTRASINAL “INVITADO”, E METERANSE NA CARPETA CORRESPONDENTE CHAMADA DIXITAL NUN FICHERO .ZIP INCLUINDO UN TXT COS DATOS DO AUTOR. SE TES PROBLEMAS PARA SUBILAS FOTOS PIDE AXUDA A ORGANIZACIÓN DA PARTY.
-
LOGO 2011
Para participar neste concurso só é preciso seguir as seguintes bases:
- O logo debe ter un contido relacionado coa party ou as novas tecnoloxías e deberá incluir o textos “SOBROSO PARTY 2011″ e “PONTEAREAS”.
- Debe ser unha creación propia.
- Os deseños deberán presentarse en formato vectorial (ai, cdr) e tamén en formato rasterizado (png, jpeg…)
- Tódolos participantes na party poden participar neste concurso.
- Cada concursante presentará un logo.
- Xunto ó logo incluirase un ficheiro cos datos do autor.
- A data tope de recepción de logotipos será o 28 de marzo de 2010 ás 12 horas.
- O fallo do xurado, formado polo persoal en quen delegue a organización da party, será publicado o Domingo 28 de marzo ás 14 horas.
- Tódolos logotipos presentados amosaranse ós asistentes a modo de galería na pantalla do pavillón para que poidan xuzgar a calidade dos traballos presentados, sen que isto presupoña un anticipo da decisión final do xurado.
- Os autores dos logos para o concurso ceden gratuitamente os dereitos de reproducción á organización de Sobroso Party.
OS LOGOS PARA O CONCURSO SUBIRANSE Ó FTP 10.100.4.1 CON USUARIO E CONTRASINAL”INVITADO”, E METERANSE NA CARPETA CORRESPONDENTE CHAMADA LOGO NUN FICHERO .ZIP INCLUINDO UN TXT COS DATOS DO AUTOR. SE TES PROBLEMAS PARA SUBILOS LOGOS PIDE AXUDA A ORGANIZACIÓN DA PARTY.
-
FOTOCOMPOSICIÓN
Para participar neste concurso só é preciso seguir as seguintes bases:
- A fotocomposición debe ter un contido relacionado coa party.
- Debe ser unha creación propia.
- Para realizar a montaxe podese empregar calquera imaxe.
- Non hai límite de imaxes a empregar.
- As montaxes deberán presentarse en formato rasterizado (png, jpeg…). Tamén se teñen que entregar tódalas imaxes empregadas na montaxe.
- Tódolos participantes na party poden participar neste concurso.
- O número máximo de montaxes por concursante será de cinco.
- Xunto a montaxe incluirase un ficheiro cos datos do autor.
- A data tope de recepción de fotocomposicións será o 28 de marzo de 2010 ás 12 horas./li>
- O fallo do xurado, formado polo persoal en quen delegue a organización da party, será publicado o Domingo 28 de marzo ás 14 horas.
- Tódolas fotocomposicións presentadas amosaranse ós asistentes a modo de galería na pantalla do pavillón para que poidan xuzgar a calidade dos traballos presentados, sen que isto presupoña un anticipo da decisión final do xurado.
- Os autores das fotocomposicións para o concurso ceden gratuitamente os dereitos de reproducción á organización de Sobroso Party.


